A ENERXÍA NA NOSA VIDA

Aquí podedes atopar material que vos axude a ampliar os vosos coñecementos sobre a influencia da enerxía na nosa vida, material para facer traballos,... ESPERO QUE VOS SIRVA DE AXUDA.


Manuel Ramos Iglesias






sábado, 1 de mayo de 2010

A enerxía na nosa vida.

As máquinas.
A Revolución industrial: No século XIX, coa fabricación de máquinas conseguiuse mellorar os procesos productivos (bombas para bombear a auga dos pozos, máquina de vapor, tren, teares, primeiros reloxos, carbón como fonte de enerxía, aparecen as primeiras fábricas,...).
Importancia das máquinas na nosa vida.
Máquina: Unha máquina é un aparello que serve para modificalas forzas e / ou as enerxías.
As máquinas precisan enerxía para funcionar.
As máquinas realizan funcións que nos son útiles e afórrannos traballo.
Clasificación das máquinas pola función que desenvolven:
Máquinas simples: Son aquelas que modifican as forzas.
Panca, polea, torno, plano inclinado,...
Máquinas ferramenta: Máis complexas cas simples, fan funcionar unha ferramenta de traballo igual que o fariamos nós.
Torno, fresadora, trade,...
Máquinas auxiliares da cultura: Son aquelas que axudan a facer un traballo para que a cultura se estenda máis rapidamente. En xeral serven para almacenar, ordenar e difundir información.
Imprenta, ordenadores, calculadoras, radio, televisión,...
Clasificación das máquinas polo tipo de enerxía que empregan:
Máquinas térmicas: Son aquelas que funcionan mediante calor. En xeral transforman a enerxía térmica en enerxía mecánica.
Máquinas de vapor, frigoríficas, de combustión interna,...
Máquinas eléctricas:
As que transforman a enerxía eléctrica en traballo.
Motores, trades, lavadoras,...
As que converten o traballo mecánico en enerxía eléctrica.
Alternadores, dínamos, aeroxeradores, centrais térmicas, centrais nucleares,....
A ciencia a través da historia.
As máquinas da cultura.
Que é a cultura?
É un sistema formado por persoas e obxectos culturais (libros, partituras musicais, programas de ordenador, pinturas, gravados, CD-ROM, instrumentos musicais,...) no que os dous compoñentes do sistema, persoas e obxectos, están unidos mediante a información.
Como se transmite a cultura?
Nos primeiros momentos de humanidade de a través da palabra.
A partir do século V a. C., coa aparición da escritura alfabética en Grecia, a transmisión faise a través da escritura.
Elementos esenciais da escritura.
Soporte: pedra, papiro, pergameo, papel,...
Instrumento de escritura: cana, pluma de ave, pluma de metal, lapis, bolígrafo,...
Tinta: Mestura de colorantes.
A cultura precisa de máquinas.
A imprenta.
O ordenador.
Os tres grandes cambios na difusión da cultura:
Escritura.
Imprenta.
Internet.
Como utilizamos a enerxía.
As máquinas necesitan enerxía.
De onde obtemos a enerxía térmica?
Carbón.
Petróleo.
Novos combustible ecolóxicos (biodiesel, bioalcohol,...)
Tipos de máquinas térmicas:
Máquinas de vapor.
Motores de combustión interna.
Rendemento dunha máquina térmica.
Como exemplo, poderíamos dicir que nos coches o seu rendemento pode oscilar entre o 20 e o 25%, isto é, os mellores perden o 75% de toda a enerxía que consomen, en forma de calor que ceden a atmosfera.
As nosas fontes de enerxía.
De onde obtemos a enerxía?
A resposta e moi sinxela, do Sol na súa meirande parte, xa que o carbón e o petróleo son unha causa da enerxía solar almacenada nos seres vivos o longo de millóns de anos. Tamén contamos coa enerxía nuclear de fisión, enerxía xeotérmica e enerxía mareomotora.
As enerxías renovables.
Do vento a enerxía eólica.
Este tipo de enerxía chámase descontinua, porque o vento SOPRA CANDO QUERE.
Da luz solar, a enerxía solar fotovoltaica.
As células fotovoltaicas transforman directamente a luz solar en corrente eléctrica. Son de baixo rendemento e moi custosas.
Da luz solar, a enerxía solar fototérmica.
As centrais termosolares (enerxía fototérmica) basease, utilizando unha especie de espellos, na concentración da luz solar para aproveitar calor para, por exemplo, ferver auga de modo que o seu vapor faga mover unha turbina que nos produza electricidade, o que a converte nunha máquina térmica. Ademais permite almacenar parte da calor recibida durante o día para seguir producindo electricidade durante a noite
Da chuvia, a enerxía hidráulica.
Do mar, a enerxía mereomotriz.
Enerxía das mareas (mareomotora).
Do interior da Terra, a enerxía xeotérmica.
Do solo cultivable, os biocombustibles.
Biodiésel: Obtense do aceite das plantas oleaxinosas como o xirasol, a colza, a palma,...
Bioalcohol: Obtense a partir da fermentación dos azucres ou dos amidóns de plantas como a remolacha, cana de azucre, millo,... e en xeral de tódolos cereais.
As enerxías non renovables.
Das rochas, as enerxías fósiles:
Carbón.
Petróleo.
Gas natural.
Do uranio, a enerxía nuclear.
Xeración, transporte e consumo de enerxía en Galicia.
A enerxía eólica.
Plan eólico de Galicia.
A enerxía solar.
A enerxía hidráulica.
As centrais hidroeléctricas.
Encoro.
Reixa.
Comporta.
Presa.
Turbina.
Xerador.
Transformador.
Tendido eléctrico.
A enerxía térmica a partir da biomasa.
Biomasa forestal residual: Obtense das zonas forestais e dos residuos das industrias da madeira. Contribúe a limpeza dos montes.
Biocombustibles líquidos: Obtéñense a partir dos residuos agropecuarios ou de cultivos enerxéticos (cardo, cana de azucre, xirasol,...).
Enerxía térmica a partir de combustible fósiles.
As Pontes (carbón de importación, hulla, a partir de 2008).
Meirama (carbón de importación, hulla, a partir de 2008).
Sabón (central de ciclo combinado a partir de 2008).
Transporte, distribución e consumo de enerxía.
Rede de transporte.
Rede de distribución.
Consumo de electricidade.
Solucións para un desenvolvemento sostible.
Recursos enerxéticos do planeta.
Canto petróleo nos queda?
Canto carbón temos?
Cambio enerxético e desenvolvemento sostible.
Solucións aos problemas enerxéticos.
Híperconsumo de materiais e enerxía.
Consumo responsable.
Ideas útiles para un consumo responsable.
Utilización de lámpadas de baixo consumo.
Comprar electrodomésticos clase A.
Desconectar os aparatos eléctricos.
Moderar a temperatura do aire acondicionado e da calefacción.
Utilizar transportes públicos, a bicicleta ou camiñar.
Comprar coches pequenos e ecolóxicos.
Utilizar potas express e microondas antes có forno.
O hidróxeno como almacén de enerxía.

lunes, 27 de abril de 2009